Nova

A Xunta destaca a vitalidade e participación das persoas maiores na xuntanza de Boqueixón


Boqueixón (A Coruña), 3 de maio de 2025

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou hoxe no xantar de confraternidade organizado polo concello de Boqueixón con motivo do seu tradicional encontro de maiores, que cumpre xa 32 edicións.

Jacobo Rey destacou a importancia que teñen estas xornadas de carácter lúdico para reivindicar a vitalidade e a participación das persoas maiores. Neste sentido, lembrou a aposta da Xunta polo envellecemento activo e saudable, a través de programas como as Aulas Sénior, Xuntos polo Nadal ou Benestar en Balnearios.