Nova

A Xunta participa na terceira Xuntanza de Maiores de Malpica de Bergantiños


Malpica de Bergantiños (A Coruña), 3 de maio de 2025

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, asistiu hoxe á III Xuntanza de Maiores organizada polo Concello de Malpica.

O director xeral aproveitou esta cita, celebrada no campo da festa de Seaia e que contou con animación musical, para coñecer de primeira man as inquietudes dos maiores deste concello coruñés.