Nova
A Xunta participa nunha xuntanza de maiores do concello de Monterrei
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, puxo en valor este tipo de encontros que fomentan o papel activo das persoas maiores na sociedade
Monterrei (Ourense), 1 de maio de 2025.- O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou este mediodía na Xuntanza de Maiores no concello de Monterrei. Un encontro no que lembrou o compromiso do Executivo autonómico coas persoas maiores para que teñan un papel activo na nosa sociedade. Á xuntanza tamén acudiu o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e o alcalde José Luis Suárez.
Ademais, Antón Acevedo destacou a importancia destes encontros que permiten ás persoas maiores desfrutar dunha xornada de ocio e lecer. Tamén recordou o compromiso da Xunta co envellecemento activo e animou aos presentes a participar nos programas que ten o Goberno galego neste ámbito como Xuntos polo Nadal ou Benestar en Balnearios.
Neste sentido, apuntou que a prioridade do Executivo autonómico é garantir que as persoas maiores teñan a liberdade para decidir onde e como facerse maior, e contar cos servizos necesarios á súa disposición para que a súa saúde e benestar non se vexan comprometidos.