Nova
Fabiola García destaca o labor dos profesionais das residencias de maiores durante o apagamento eléctrico
No caso concreto da residencia de Lalín, realizouse un control e seguimento da situación durante toda a xornada e, ademais, foille subministrado un xerador
Lalín (Pontevedra), 30 de abril de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a residencia de maiores As Dores de Lalín. Na visita, na que estivo acompañada do alcalde do municipio, José Crespo, puxo en valor a actuación coordinada durante a xornada do luns e o feito de que non se rexistraron incidencias importantes nos centros residenciais de maiores de Galicia.
No caso concreto da residencia de Lalín, explicou que, ao igual que no resto dos centros, realizouse un control e seguimento da situación durante toda a duración do apagamento. Ademais, e co obxectivo de garantir os servizos que se prestan aos usuarios, foille enviado un xerador eléctrico.
Fabiola García quixo agradecer o seu esforzo e compromiso á dirección das diferentes residencias, ao persoal e aos usuarios dos centros. Tamén lembrou ás familias e aos concellos, que demostraron a súa colaboración en todo momento.