Nova

Fabiola García felicitou ao Grupo Hotusa por poñer en marcha políticas sociais de empresa que melloran a calidade de vida do seu persoal


Santiago de Compostela, 17 de abril de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha xuntanza de traballo co director xeral da Área Turística do Grupo Hotusa, Alberto Barredo, na que lle trasladou os seus parabéns por unha longa e destacada traxectoria de traballo enfocada nas políticas sociais e integradoras.

A conselleira puxo en valor o traballo do Grupo Hotusa e sinalouno como un exemplo na  implantación de medidas para mellorar a calidade de vida do seu persoal. Deste xeito, trasladoulle o compromiso do Executivo galego para seguir colaborando e avanzando neste eido.