Nova

A Xunta enxalza o labor social da Fundación San Rosendo durante a celebración da súa festividade


Cenlle (Ourense), 10 de abril de 2025

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participaron na celebración da festividade da Fundación San Rosendo. Durante o acto, puxeron en valor o traballo social desta entidade coas persoas maiores e con discapacidade.

Neste sentido, recalcaron o seu importante traballo a través dos seus centros residenciais e ocupacionais onde ademais de atención e coidados, proporcionan acompañamento aos usuarios e as familias.