Nova
A Xunta destaca a importancia da coordinación entre administracións e axentes sociais na loita contra a violencia de xénero
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero destacou a importancia de seguir traballando tanto na prevención e sensibilización como na atención e seguimento dos casos
Teo (A Coruña), 8 de abril de 2025
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou na mesa local de coordinación interinstitucional sobre violencia de xénero que organiza o concello de Teo. Este acto pretende crear un espazo aberto de diálogo entre as diferentes administracións e axentes sociais para enfocar diferentes accións de loita e prevención das condutas machistas.
Durante o encontro, o director xeral destacou a importancia de manter unha constante coordinación entre as administracións públicas para a erradicación da violencia de xénero. Polo que fixo fincapé na importancia de traballar tanto na prevención e sensibilización como na atención e seguimento dos casos.
Ademais, Roberto Barba lembrou que coa normativa galega vixente calquera muller que sufra violencia sexual é considerada unha vítima de violencia de xénero. Deste xeito, recalcou que serán beneficiadas de todas as prestacións económicas, asistenciais e psicolóxicas, entre outras, que garante o Executivo galego.