Nova

Ana Ortiz apoia a iniciativa Feelant Impact Summit para promover un espazo de debate en favor das familias con fillos con necesidades específicas


Vigo, 8 de abril de 2025

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, destacou este martes na apertura do Congreso Feelant Impact Summit na sede de Afuncación este novo espazo de debate e reflexión sobre o impacto na sociedade, o medio ambiente, a economía e a educación co obxectivo de atender especialmente a familias con fillos con necesidades especiais. “Esta iniciativa alíñase moi estreitamente cos valores da Xunta en política de Benestar, Educación, Desenvolvemento Económico Responsable e Sostible, así como en Saúde”, apuntou.