Nova

A Xunta pon en valor a exposición ‘Historia e Cultura do Pobo Xitano’ como un referente na integración e inclusión desta comunidade en Galicia


Lugo, 7 de abril de 2025

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, coñeceron a exposición itinerante ‘Historia e Cultura do Pobo Xitano’ e que se trata, segundo explicou, dun referente na integración e inclusión desta comunidade en Galicia.

A exposición busca expoñer os valores culturais, lingüísticos e sociais do pobo xitano desde a súa chegada á Península Ibérica hai 600 anos. Ao respecto, Arturo Parrado sinalou que este tipo de mostras son fundamentais para coñecer a súa pegada na nosa sociedade e seguir avanzando na súa inclusión social.