Nova
A Xunta entrega á Asociación Discamino dous novos triciclos adaptados para persoas con discapacidade
Vigo, 4 de abril de 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, fixeron entrega este venres á Asociación Discamino de dúas novas bicicletas adaptadas para o fomento e a práctica de actividades físico-deportivas dos seus usuarios. As representantes autonómicas destacaron que o obxectivo final da entrega por parte da Consellería de Política Social é mellorar a calidade de vida a través do deporte, a autoestima, a socialización e os valores. Os usuarios de Discamino xa poderán utilizar os novos triciclos na media maratón Vig-Bay que se celebrará este domingo, 6 de abril, con saída desde a praia de Samil e final en Baiona.