Nova

Fabiola García reúnese coa Asociación de Empresas de Servizos para a Dependencia

A conselleira de Política Social e Igualdade expuxo o modelo de Galicia para o coidado e atención ás persoas maiores


Madrid, 14 de marzo de 2025

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo esta mañá unha reunión coa Asociación de Empresas de Servizos para a Dependencia (Aeste). Esta entidade está composta por 18 empresas do sector de atención á dependencia en España, algunhas delas con implantación en Galicia, e dá emprego a máis de 70.000 traballadores.

Fabiola García expuxo os avances que nos últimos anos experimentou Galicia na atención ás persoas maiores. Neste sentido, destacou a aposta da Xunta porque os maiores poidan elixir como e onde queren ser coidados, a través do reforzo da rede autonómica de centros e coa posta de novas medidas como o Bono Coidado no Fogar.

Ao encontro, no que a conselleira estivo acompañada do director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, asistiron a presidenta de Aeste, Lourdes Rivera, a secretaria xeral da organización, Josune Méndez, e a xerente, Susana Valladolid.