Inicio > Consellería > Normativa > Orde do 18 de agosto de 2000 pola que se aproba o Estatuto básico dos centros de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Orde do 18 de agosto de 2000 pola que se aproba o Estatuto básico dos centros de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Observacións:
A Lei 4/1993, de servizos sociais de Galicia, recolle entre os seus principios inspiradores os de normalización, integración e participación, mediante os que se instan ós servizos sociais ó mantemento dos cidadáns no seu ambiente familiar e social ou, se é o caso, á súa inserción na comunidade, respectando o dereito á diferenza, así como á promoción da incorporación dos cidadáns á programación e prestación dos servizos sociais. Nos artigos 36 e 39 da devandita lei, ampara o dereito de todo usuario de centros e servizos a asociarse, co obxecto de favorecer a súa participación na programación e no desenvolvemento de actividades.

A integración dos usuarios e residentes nos centros e no seu contorno social e a súa participación nos órganos de representación destes, fai necesario que se estableza un marco normativo que defina o seu réxime de organización e funcionamento e que se articulen mecanismos de participación nos referidos órganos de representación.

Así pois mediante esta lei apróbase o Estatuto básico de centros sociais polivalentes, centros de atención ás persoas maiores e centros de atención ás persoas con minusvalidez, que figura como anexo á presente orde.