Inicio > Consellería > Normativa > Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.(DOG nº 245 do 18.12.2008)

Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.(DOG nº 245 do 18.12.2008)

Tipo de contido: Regulamentación
Estado: Vixente
Observacións:
Esta lei ten por obxecto estruturar e regular, como servizo público, os servizos sociais en Galicia para a construción do sistema galego de benestar.

Mediante a presente lei os poderes públicos galegos garanten como dereito recoñecible e esixible o dereito das persoas aos servizos sociais que lles correspondan en función da valoración obxectiva das súas necesidades, co fin de posibilitar que a súa liberdade e igualdade sexan reais e efectivas, removendo os obstáculos que impiden ou dificultan a súa plenitude e facilitando a participación de todas e todos na vida política, económica, cultural e social.

Así mesmo, constitúe o obxecto da presente lei posibilitar a coordinación do sistema galego de servizos sociais cos demais elementos do sistema galego de benestar e coas políticas públicas sectoriais que incidan sectorial ou transversalmente na mellora do benestar da cidadanía galega.