Inicio > Temas > Maiores e Dependencia > Normativa sobre dependencia

Normativa sobre dependencia

A Lei

A Lei de Dependencia configura o dereito á atención das persoas en situación de dependencia como un novo dereito de cidadanía, un dereito de acceso en igualdade a elementos esenciais para a vida autónoma de moitas persoas, para a súa dignidade. Toda a sociedade española foi poñendo un tras outro os chanzos para alcanzar esta meta: os sindicatos e os empresarios, co acordo que serviu de base para elaborar a Lei e aos cales se lle deben as pezas claves do sistema; as organizacións máis representativas das persoas maiores e das persoas con minusvalidez, que con paciencia e tesón fixeron ver a realidade á que se enfrontan cada día as persoas en situación de dependencia.

A implantación da Lei está sendo progresiva. No ano 2007 accederon ao Sistema os casos máis graves, as persoas que se atopan en situación de grande dependencia, as que demandan axuda con maior urxencia; en 2008 estase a atender ás persoas con dependencia severa Grao II, nivel 2 (persoas que necesitan axuda para realizar varias actividades básicas da vida diaria dúas ou tres veces ao día pero non requiren o apoio permanente dun coidador ou teñen necesidades de apoio extenso para a súa autonomía persoal).

Os cidadáns e cidadás poden xa esixir efectivamente este dereito ás Administracións competentes, neste caso, ás Comunidades Autónomas. Así poderán acudir aos servizos sociais correspondentes para solicitar unha avaliación que determine o seu posible grao e nivel de dependencia. Unha vez definida a situación persoal, os profesionais dos servizos sociais elaborarán un Programa Individual de Atención, que incluirá os servizos e prestacións que o cidadán necesite e que os poderes públicos teñen agora por Lei a obriga de ofrecerlles, sempre tendo en conta o calendario de implantación progresiva da Lei de Dependencia.