Coidadores
Coidados profesionais e non profesionais
Os coidados non profesionais é a atención prestada a persoas en situación de dependencia no seu domicilio por persoas da familia ou do seu contorno non vinculadas a un servizo de atención profesionalizada.Esta prestación ten carácter excepcional , ante a inexistencia doutros servizos profesionais adecuados para a atención da persoa en situación de dependencia, sempre e cado o programa individual de atención determine esta modalidade de intervención como a máis adecuada entre as do catálogo de prestacións.
Os coidados profesionais é a atención prestada por unha institución pública ou entidade con e sen ánimo de lucro, ou profesional autónomo entre cuxas finalidades se encontre a prestación de servizos a persoas en situación de dependencia, xa sexan no seu fogar ou nun centro.
Que é o asistente persoal? Que diferenza hai entre a asistencia persoal e a axuda a domicilio?
O asistente persoal é unha figura de apoio á autonomía das persoas con discapacidade baseada no desexo e o dereito das persoas con restricións de participar no control da súa propia vida e de vivila coa dignidade que leva consigo estar en igualdade de oportunidades co resto da cidadanía.
O asistente persoal é unha persoa que axuda a outra a desenvolver a súa vida, para o que realiza ou axuda a realizar tarefas da vida diaria da outra persoa que, pola súa situación de dependencia, non pode realizar por si mesma.
O asistente persoal acompaña a persoa para realizar as tarefas que esta lle indica e cando lle indica, e convértese deste xeito nos seus brazos, ollos, oídos, etc. Na axuda no fogar o/a auxiliar que presta os servizos no domicilio da persoa pode ter asignados distintos tipos de tarefas como coidados persoais, domésticos...