Inicio > Recursos > Plans e programas > Formación SIUSS-1º semestre - 2018

Formación SIUSS-1º semestre - 2018

FORMACIÓN PRESENCIAL DE SIUSS-2018

Dentro do plan de formación de servizos sociais comunitarios que promove o Ministerio de sanidade, servizos sociais e igualdade, e organiza a Consellería de política social van realizarse 2 xornadas formativas sobre SIUSS,  de 5 horas de duración, neste 1º semestre do ano.

A 1ª xornada estará destinada a traballar sobre  a explotación estatística de SIUSS, asi como a súa vinculación co plan concertado.

La 2ª xornada estará destinada a traballar sobre a conceptualización para a mellora da calidade de cobertura de datos  e optimización da ferramenta SIUSS, rexistro de calidade da demanda, valoración e recursos,  así como ao coñecemento da actualización do 4º nivel e a recoller as necesidades do alumnado no que á cobertura de SIUSSGAL se refira.

Esta formación presencial de SIUSS- 2018, que se xestiona dende a Consellería de Política Social está destinada a todos as/os profesionais do equipo técnico de servizos sociais municipais.

Realizarase na aula de informática da Consellería de Política Social en San Lázaro - Santiago de Compostela.

Para a inscrición é preciso enviar a solicitude debidamente cuberta a: soporte.siuss.ctb@xunta.es

Prazo de remate de solicitude: 14 de xuño de 2018

FORMACION SIUSS- XUÑO -2018.

Xornada 1: Día 28 de xuño: Xornada sobre explotación estatística de SIUSS e a súa vinculación co plan concertado. Xornada destinada a profesionales dos ss. ss. comunitarios con responsabilidades de xestión de datos SIUSS.

Horario de 9:30 a 14:30

Docente: Manuel Penido Barbazán

Xornada 2: Día 29 de xunio : Xornada SIUSS- Troncal : utilización, optimización e conceptualización da base de datos SIUSS. Xornada destinada a profesionais dos ss. ss. comunitarios sen formación en SIUSS ou con necesidade de repasar a conceptualización da intervención social e do conxunto dos expedientess.

Horario de 9:30 a 14:30

Docente: Carmen de lana Sierra Vázquez.

As persoas solicitantes deben enviar a solicitude cuberta a: soporte.siuss.ctb@xunta.es

Prazo de solicitude: 14 de xuño de 2018.

Información:

As solicitudes poden facerse por unha xornada de cada modalidade.

As persoas que soliciten as 2 xornadas deben poñer a data por orde de preferencia.

Para a selección das accións formativas, terá prioridade a persoa solicitante que non teña formación e, de ser o caso, as persoas que non teñan realizada ningunha outra xornada do mesmo plan no ano anterior.

Documentos relacionados