Convive.comigo - Vida en familia para adolescentes
Dentro das medidas que establece a lei 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores, está a de "convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo". A medida persegue a convivencia do/a adolescente noutro contexto familiar diferente ao de orixe, no que desenvolva as súas vivencias básicas e educativas.
Trátase de proporcionar á persoa menor unha contorna educativa e socializador , co fin de modificar aquelas circunstancias que deron lugar á imposición da medida xudicial. O programa CONVIVE é un programa dirixido á captación, valoración, formación e seguimento de persoas ou familias para convivir con adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia con persoa ou familia na provincia de Pontevedra.