Inicio > Recursos > Formación > Xornadas formativas de SIUSS

Xornadas formativas de SIUSS

FORMACIÓN PRESENCIAL DE SIUSS-2019

Dentro do plan de formación de servizos sociais comunitarios que promove o Ministerio de sanidade, consumo e benestar social, e organiza a Consellería de política social van realizarse 2 xornadas formativas sobre SIUSS,  de 5 horas de duración, neste 1º semestre do ano.

A 1ª xornada, estará destinada a traballar sobre  o Módulo de desprotección infantil de SIUSS.

A 2ª xornada, estará destinada a traballar sobre  a explotación estatística de SIUSS, asi como a súa vinculación co plan concertado.

Esta formación presencial de SIUSS- 2019, está destinada a  profesionais en activo do equipo técnico de servizos sociais municipais.

Realizarase na aula de informática da Consellería de Política Social en San Lázaro - Santiago de Compostela, en horario de 9:30 a 14:30

Para a inscrición é preciso enviar a solicitude debidamente cuberta a: soporte.siuss.ctb@xunta.es

Prazo de remate de solicitude: 12 de xuño de 2019

 

FORMACIÓN SIUSS- XUÑO -2019.

XORNADA 1ª

Día 26 de xuño: Xornada sobre o módulo de desprotección infantil de SIUSS

Alumnado destinatario: profesionais en activo, de educación social e familiar dos servizos sociais comunitarios e outras/os profesionais responsables do Servizo de educación e apoio familiar.

Horario de 9:30 a 14:30

Lugar: aula de informática da AMTEGA en San Lázaro (edificio ao lado do SERGAS)

Docente: Carmen de la Sierra Vázquez

 

XORNADA 2ª

Día 27 de xuño: Xornada sobre explotación estatística de SIUSS e a súa vinculación co plan concertado.

Alumnado destinatario: profesionais dos servizos sociais comunitarios con responsabilidades de xestión de datos SIUSS.

Horario de 9:30 a 14:30

Lugar: aula de informática da AMTEGA en San Lázaro (edificio ao lado do SERGAS)

Docente: Manuel Penido Barbazán

 

As persoas interesadas enviarán a solicitude cuberta a: soporte.siuss.ctb@xunta.gal

Prazo de solicitude: ata o 12 de xuño de 2019.

 

Información adicional:

As solicitudes poden facerse por unha xornada de cada modalidade.

As persoas que soliciten as 2 xornadas deben poñer a data por orde de preferencia.

Para a selección das accións formativas, terá prioridade a persoa solicitante que non teña formación e, de ser o caso, as persoas que non teñan realizada ningunha outra xornada do mesmo plan no ano anterior nin no semestre anterior deste mesmo exercizo. 

Adxuntos