BONO CONCILIA
O Bono Concilia é un programa de axudas económicas directas ás familias para contribuír ao pago total ou parcial dunha praza nunha escola infantil 0-3 privada da súa elección.
Para acceder ao Bono Concilia naquelas localidades nas que existen prazas públicas, as familias deberán solicitar praza nunha escola sostida con fondos públicas e cubrir o apartado da solicitude correspondente á opción do Bono Concilia e asinar as autorizacións e declaracións responsables recollidas nos anexos específicos para solicitantes desta axuda. No caso de que o neno ou a nena para quen se solicite praza quede en lista de agarda, a solicitude será valorada para a axuda do bono.
Nas localidades nas que non existen prazas sostidas con fondos públicos, as familias interesadas deberán solicitar directamente a axuda a través da orde anual de convocatoria do Bono Concilia dentro dos prazos establecidos na mesma.
As persoas beneficiarias da axuda do programa cheque infantil durante o curso 2015/2016 e que continúen interesadas na axuda para o mesmo neno ou nena deberán solicitar a súa renovación a través do Bono Concilia.
O tipo de axuda e a contía estará en función da renda per cápita da unidade familiar e dos servizos solicitados, podendo oscilar entre os 250 euros/mes para as rendas máis baixas e os 45 euros/mes para as rendas máis altas.