Inicio > Recursos > Axudas > Axudas económicas para a obtención do servizo de mediación familiar gratuito (BS422C)

Axudas económicas para a obtención do servizo de mediación familiar gratuito (BS422C)

Data de inicio: 
12/05/2010
  • Descrición:

Axudas económicas para a cobertura dos custos dos procesos de mediación familiar, que se celebren dentro do marco do program Mediagal de "mediación familiar galega" ao longo do ano 2010.

A subvención convocada consiste na cobertura do custo dun proceso de mediación familiar cun máximo de seis sesións, mediante a adxudicación e entrega ás persoas beneficiarias de cheques de servizo gratuíto cun valor nominal de 60 euros por sesión de mediación e ata un máximo de 360 euros.

Beneficiarios

Persoas unidas por vínculo matrimonial ou aquelas persoas que forman unha unión estable de parella, nos supostos de conflicto familiar ou de crise de convivencia.

  • Requisitos:
    • Ter a súa residencia en Galicia.
    • Atoparse nun proceso de separación, divorcio ou nulidade do matrimonio ou ben de ruptura da unión, así como en conflitos de convivencia.
    • Que teñan ou non iniciado ou solicitado a iniciación dun proceso de mediación a partir do 1 de xaneiro de 2010 con algún das e dos profesionais inscritas e inscritos no Rexistro de Mediadoras e Mediadores de Galicia e que estean adheridos ao programa Mediagal de mediación familiar galega.
    • Os requisitos que se determinan no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  • Documentación necesaria:
    • Solicitude normalizada segundo anexo I
    • Copia do libro de familia ou declaración xurada de convivencia.
    • Declaración xurada de non percibir subvencións para igual ou análoga finalidade outorgadas por outras administracións públicas ou, de ser o caso, relación das solicitadas.
    • A acreditación do inicio ou solicitude de inicio do proceso de mediación que xustifica a solicitude de subvención será comprobada de oficio pola Administración mediante a consulta das solicitudes de designación de profesionais mediadores.

      Respecto das persoas solicitantes, a presentación da solicitude comportará a autorización da Consellería de Traballo e Benestar para obter do Ministerio da Presidencia os datos dos seus respectivos documentos nacionais de identidade. No caso de que as persoas solicitantes non queiran autorizar á Consellería de Traballo e Benestar para obter os datos do seus respectivos DNI, terán que achegar a copia deses documentos.

      Por outra banda, e tamén respecto das persoas solicitantes, a presentación da solicitude comportará a autorización da Consellería de Traballo e Benestar para obter do Ministerio da Presidencia os datos relativos ao empadroamento dos referidos solicitantes. No caso de que as persoas solicitantes non queiran autorizar a Consellería de Traballo e Benestar para obter os datos de empadroamento, terán que achegar certificado de empadroamento.

    • No caso de que non estivese iniciado o proceso de mediación, a solicitude de subvención presentarase segundo modelo oficial que se achega como anexo I a esta orde, xunto coa solicitude de designación da persoa mediadora, mediante instancia segundo modelo oficial (anexo II), publicado no Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro (DOG nº 34, do 18 de febreiro) debidamente cuberta e subscrita polas persoas interesadas.

(*) Cando non se acheguen os documentos orixinais, deberán aportarse copias compulsadas, agás que figure outra indicación.