PRELISTADOSCONPRIVADAGAL

Listaxes provisionais de admitidos dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais 

RESOLUCIÓN DE 8 DE MARZO DE 2019 POLA QUE SE CONVOCA O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DA AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS PARA O CURSO 2019/2020

RESOLUCIÓN DE 29 DE MARZO DE 2019 POLA QUE SE CONVOCA O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS PARA FILLOS E FILLAS DO PERSOAL DA XUNTA DE GALICIA NAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DA AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS PARA O CURSO 2019/2020

As persoas solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos seis (6) días posteriores á data da exposición pública da relación provisional.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.




Listaxes definitivas de admitidos dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais 

RESOLUCIÓN DE 8 DE MARZO DE 2019 POLA QUE SE CONVOCA O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DA AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS PARA O CURSO 2019/2020 ( PROCEDEMENTO BS 402A)

RESOLUCIÓN DE 29 DE MARZO DE 2019 POLA QUE SE CONVOCA O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS PARA FILLOS E FILLAS DO PERSOAL DA XUNTA DE GALICIA NAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DA AXENCIA GALEGA DE SERVIZOS SOCIAIS PARA O CURSO 2019/2020 (PROCEDEMENTO BS402B)

Aprobada a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera  coa puntuación obtida que se  poderá consultar desde o día 31 de maio de 2019 nos servizos centrais, nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, así como na páxina web http://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

A publicación no DOG da aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera producirá os efectos de notificación.

Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.

A renuncia a unha praza concedida implica a imposibilidade de obter calquera outra praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia, así como a de optar a axuda do Bono Concilia.

O prazo para formalizar a matrícula comeza o 3 de xuño e finaliza o 12 de xuño de 2019.

A matrícula realizarase nos centros onde se obtivo praza para o que se achegará a seguinte documentación:

- Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargar da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).

- Copia da cartilla de vacinacións ou documento acreditativo das mesmas do neno ou da nena.

A formalización da matrícula no prazo sinalado é imprescindible para confirmar a praza. Se non se realiza a persoa interesada decaerá da súa solicitude.

O prezo mensual que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.

As resolucións ditadas nestes procedementos, publicadas no DOG o día 31 de maio de 2019, esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses dende o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.




Listaxes definitivas de admitidos dependentes das escolas de titularidade privada 

Texto de presentación de escolas de titularidade privada

Listaxes do Consorcio

Listaxes provisionais

Listaxes definitivos

Accordion title 1

Accordion content 1.

Accordion title 2

Accordion content 2.