Nova
A Xunta garda un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido en Mos
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado por outros membros do Executivo galego, gardou un minuto de silencio en sinal de repulsa polo crime machista cometido en Mos. O acto tivo lugar esta mañá na sede central da Xunta de Galicia en San Caetano.
Tamén tiveron lugar minutos de silencio nas delegacións territoriais do Goberno galego.