Nova
A Xunta destaca a importancia dos medios de comunicación na prevención e loita contra a violencia de xénero
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, reuniuse esta mañá con membros do Colexio de Xornalistas de Galicia na súa sede para abordar diferentes accións e propostas destinadas a seguir promovendo entre os profesionais boas prácticas no tratamento das novas sobre violencia de xénero.
Neste sentido, destacou que os medios de comunicación son un piar fundamental na sociedade para previr e sensibilizar a violencia de xénero pola súa capacidade de chegar á cidadanía e achegar ferramentas necesarias para combater calquera tipo de violencia contra as mulleres.