Nova

Fabiola García asiste á presentación dun informe sobre inclusión e desenvolvemento social en Galicia


Santiago de Compostela, 28 de xaneiro de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu esta mañá á presentación do Informe sobre Exclusión e Desenvolvemento Social en Galicia, elaborado por Cáritas a través da Fundación Foessa.

No informe, que toma como base enquisas realizadas a 600 fogares galegos, reflíctese que a taxa de exclusión social en Galicia reduciuse en catro puntos desde 2018 (pasando do 16,8 de 2018 ao 12,7 do ano 2024) mentres que a tendencia a nivel estatal é de incremento, ao subir a taxa do 18,3 de 2018 ao 19,3 de 2024).