Nova
A Xunta aborda coa Fegamp novas accións para impulsar a rede de entidades locais contra a violencia de xénero
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2026
O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, e a Secretaria Xeral da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Patricia Vilán, reuníronse hoxe para abordar a situación da rede de entidades locais contra a violencia de xénero e novas vías para o seu impulso.
O director xeral explicou que o papel das administracións e entidades locais é fundamental para previr, sensibilizar e combater calquera violencia contra as mulleres. Deste xeito, explicou que grazas ao seu labor de proximidade garántese unha resposta coordinada e áxil ante calquera caso de violencia de xénero na contorna, ao tempo que son esenciais á hora de achegar toda a información á cidadanía.