Nova

Fabiola García avanza que a Xunta financiará con 28.500 euros as obras de mellora do centro social de Boimorto

A conselleira de Política Social e Igualdade lembrou que o Goberno galego financia 119 prazas públicas de atención a maiores neste concello

Así mesmo, sinalou que a Administración autonómica achega 500.000 euros para as obras de ampliación da residencia municipal enmarcadas no Plan de Investimentos


Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2026

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse esta semana coa alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo, e trasladou o compromiso da Xunta para financiar con 28.500 euros  as obras de mellora do centro social municipal, un recursos que serve de punto de encontro para moitos maiores do municipio.

Durante a xuntanza, a conselleira lembrou que o Goberno galego financia 119 prazas públicas de atención a maiores no concello de Boimorto e que se complementa co Bono coidado no fogar, unha prestación económica impulsada pola Xunta para que as persoas que o desexen poidan ser coidadas nos seus fogares por alguén das súa contorna e que xa beneficia a algo máis de 40 veciños deste municipio coruñés.

Así mesmo, avaliaron o avance das obras da residencia municipal que permitirá aumentar 14 novas prazas ata sumar 53. Estas actuacións contan cun financiamento de de 500.000 euros da Xunta,  máis do 80% do custo total do proxecto, a través do Plan de Investimentos, destinado á construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais de titularidade municipal.