Nova

O delegado territorial da Xunta reúnese con representantes da Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural


Ourense, 17 de xullo de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta mañá un encontro coas representantes da Confederación de Federacións e Asociacións de Familias e Mulleres do Medio Rural (Afammer).

Na xuntanza, o delegado territorial reivindicou o papel protagonista do colectivo feminino no agro galego, e destacou o labor que se está levando a cabo dende a Xunta para avanzar na igualdade de oportunidades das mulleres no rural, así como os proxectos que a asociación ten previsto desenvolver no futuro na nosa provincia.