Nova
A Xunta felicita a Asociación Alas A Coruña polo seu labor a prol dos dereitos das persoas LGTBI
A Coruña, 16 de xullo de 2025
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta tarde na entrega do II Premio Tomás Fábregas que recoñeceu este ano o labor da Asociación pola Liberdade Afectivo Sexual (Alas). Este galardón recoñece o labor das persoas e entidades a prol dos dereitos das persoas LGBTI.
María Quintiana sinalou que desde a Xunta de Galicia apoiase economicamente diferentes programas e proxectos que ten en marcha desta entidade, como é o programa Saudade, que ten como obxectivo xeral mellorar a información e o asesoramento para persoas migrantes LGBTI, ou o Observatorio Coruñés contra a LGBTIfobia, entre outros. A directora xeral trasladou os parabéns de todo o Executivo galego e agradeceu o traballo que desenvolven desde hai anos na reivindicación dos dereitos das persoas do colectivo LGBTI, especialmente no seu papel como acusación popular no xuízo polo asasinato de Samuel Luiz, que acadou unha sentencia histórica por ser recoñecido o agravante de homofobia.