Nova

Fabiola García asiste á III cea solidaria organizada por Obra Social Pediatría en Ames


Ames (A Coruña), 27 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu esta tarde á III cea solidaria organizada por Obra Social Pediatría no pazo da Peregrina en Bertamiráns e que se celebra baixo o lema Axúdanos a debuxar o seu sorriso. O obxectivo deste evento é recadar fondos para axudar ás familias con pacientes pediátricos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e, e contribuír á investigación no eido sanitario.

A entidade Obra Social Pediatría favorece a dotación de recursos e a investigación de máximo nivel para o tratamento e a mellora da calidade de vida destes nenos e nenas. Por iso, a Xunta agradece a súa implicación nunha maior innovación e coñecemento en tratamentos e terapias.