Nova
A Xunta participa na XXIII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores de Porto do Son
Porto do Son (A Coruña), 1 de maio de 2025
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, participou hoxe na XXIII Xuntanza de Confraternidade dos Maiores de Porto do Son que se celebrou nos xardíns da zona portuaria.
Perfecto Rodríguez destacou a importancia destes encontros que permiten ás persoas maiores desfrutar dunha xornada de lecer. Neste sentido, recordou o compromiso da Xunta de Galicia co envellecemento activo e animou aos presentes a participar nos programas que ten o Goberno galego neste ámbito como Xuntos polo Nadal ou Benestar en Balnearios.