Nova
Javier Arias reúnese con representantes da Asociación de promoción e integración xitana de Lugo
Lugo, 16 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo con representantes da Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo, que preside Manuel Vila, para avaliar posibles proxectos que favorezan a plena integración da comunidade xitana na provincia.
Arias felicitou ao colectivo polo éxito dos actos organizados con motivo da conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano o 8 de abril, que é “unha oportunidade para reivindicarse especialmente relevante agora, cando se cumpren os 600 anos da presenza do pobo xitano na Península”.
O delegado destacou que Galicia foi a primeira comunidade en contar cunha estratexia de poboación xitana, no ano 2014. Este documento foi renovado o pasado mes de marzo, con vixencia para o período 2025-2030, e pon o foco na loita contra a discriminación estrutural.