Nova
A Xunta súmase ás asociacións lucenses ‘Capaces’ e ‘Raiolas’ para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
Lugo, 2 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta mañá no acto organizado pola asociación Raiolas para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, e á tarde sumarase á convocatoria de Capaces, que tamén dará lectura a un manifesto reivindicativo.
Arias lembrou que a Xunta colabora coa Federación Autismo Galicia e cos distintos colectivos distribuídos polo territorio que traballan para procurar máis e mellores servizos para as persoas con TEA e as súas familia.
Neste sentido, subliñou que a Consellería de Política Social e Igualdade destinará catro millóns de euros ao futuro centro de atención integral a persoas con autismo en Friol, que contará con 48 prazas residenciais e será “un recurso pioneiro e de vangarda que situará a Galicia como un referente neste eido”.