Nova
Medio Rural e a Asociación de Viveiristas do Noroeste estudan vías de colaboración a prol deste sector
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2025
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión con representantes da Asociación de Viveiristas do Noroeste (Asvinor) para estudar vías de colaboración co sector no eido da formación e da promoción, sendo a participación na feira Iberflora un dos principias puntos de atención. Neste sentido, cómpre salientar que Galicia é unha das comunidades con maior produción de flores e plantas ornamentais do país.