Nova
A Xunta felicita ao Baxi Ferrol por facer historia ao participar na final da Eurocup Women 2025
Fabiola García agradeceu ás deportistas o seu esforzo para romper barreiras e alcanzar metas dentro do baloncesto profesional
Ferrol, 26 de marzo de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e do alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, asistiu esta tarde ao partido de ida da final da EuroCup Women 2025 entre o Baxi Ferrol e o equipo francés Villenueve-d’Ascq.
A conselleira trasladou ao equipo feminino de baloncesto ás felicitacións do Goberno galego por facer historia ao conseguir chegar á última fase da copa europea feminina da FIBA. Ademais, agradeceu ás deportistas o seu esforzo para romper barreiras e alcanzar novas metas dentro do baloncesto profesional e destacou que son as mellores embaixadoras dos valores deportivos e da igualdade entre mulleres e homes.
O club de baloncesto feminino Baxi Ferrol, fundado en 1997, leva nove anos participando na Liga Feminina Endesa e nesta temporada 2024-2025 realizou o seu debut na EuroCup Women, conseguindo acadar a final. O partido de volta da final celebrarase o vindeiro 2 de abril en Francia.