Nova

A Xunta reúnese co persoal técnico de infancia para tratar novas propostas de mellora do Programa galego de Familias Acolledoras

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica participou na xornada técnica ‘Co-creando o futuro do Programa de Familias Acolledoras de Galicia’


Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2024

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na inauguración da xornada técnica ‘Co-creando o futuro do Programa de Familias Acolledoras de Galicia’ que busca adaptar as liñas de actuación deste programa aos novos retos de futuro.

Jacobo Rey salientou que durante os 29 anos de traxectoria do Programa sempre se apostou por dar resposta ás novas necesidades dos menores que están baixo a protección da Xunta de Galicia. Por iso, o director xeral destacou a importancia de que todos estes nenos e nenas menores de 6 anos teñan acceso a unha alternativa de acollemento familiar unha vez se atopan en situación de desprotección.