Nova
A Xunta eloxia o labor de Proxecto Home Galicia durante a celebración da 30ª Festa da Solidariedade
O director xeral de Inclusión Social eloxiou o traballo de traballadores e voluntarios dos distintos centros desta entidade social
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2024
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, participou hoxe na 30 edición da Festa de Solidariedade de Proxecto Home Galicia, que incluíu unha homenaxe aos voluntarios no Multiusos Fontes do Sar e tamén actuacións das persoas en tratamento dos distintos centros.
O director xeral destacou o labor desta entidade coa que colabora a Xunta de Galicia financiando os seus centros, e eloxiou o traballo diario de todos os traballadores e voluntarios que compoñen Proxecto Home Galicia.