Inicio > Consellería > Normativa > Resolución do 4 de xaneiro de 2011 pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 22 de febreiro de 2010, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se regulan as axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.

Resolución do 4 de xaneiro de 2011 pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 22 de febreiro de 2010, da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se regulan as axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.

Tipo de contido: Regulamentación

Estado: Vixente

Orixe: Lexislación autonómica

Observacións:

Finalidade da axuda: as axudas teñen por obxecto o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 143/2007,
do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais (DOG do 31 de xullo) e no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os
centros de menores e dos centros de atención á infancia (DOG do 16 de agosto), así como a normativa de desenvolvemento, se for o caso.