Personas mediadoras familiares
Os mediadores familiares son profesionais especializados no eido psicosociofamiliar, que ofrecen apoio ás familias cando se encontran nunha situación de conflito. Poder prestar a súa atención deben estar inscritos no Rexistro de Persoas Mediadoras de Galicia
Requisitos de inscrición no Rexistro das Persoas Mediadoras
Poderanse inscribir as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
- Estar en posesión de título oficial universitario ou de formación profesional superior e contar con formación específica para exercer a mediación, que se adquirirá mediante a realización dun ou varios cursos específicos impartidos por institucións debidamente acreditadas, que terán validez para o exercicio da actividade mediadora en calquera parte do territorio nacional.
- Ter subscrito un seguro ou garantía equivalente que cubra a responsabilidade civil derivada da súa actuación nos conflitos nos que interveña.
- Ter desenvolvido, polo menos durante dous anos inmediatamente anteriores á solicitude de habilitación para a inscrición, actividades profesionais no campo psicosociofamiliar.
- Estar en posesión das licenzas ou autorizacións pertinentes para o exercicio da súa actividade profesional e, se é o caso, inscrito no colexio profesional.
Solicitude e documentación para inscrición no Rexistro das Persoas Mediadoras
Para solicitar a inscrición no rexistro de mediadoras/es de Galicia presentarase:
- Solicitude debidamente cuberta
- Documentación xustificativa dos requisitos
- Xustificante do pagamento das taxas mediante o Modelo AI (autoliquidación de taxas)
Códigos para o pago:
- Consellería: Política Social – 14
- Servizo: Secretaría - 001
- Delegación: Servizos Centrais – 13
- Taxa: Habilitación para o rexistro de mediación familiar – 303101
Coste das taxas
- Habilitación para a inscrición no rexistro: 111,10 €
- Modificación da inscrición: 14,81 €
Lugar de presentación de solicitudes:
- Vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede.
- Presencialmente, en papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Atención e asesoramento:
Consellería de Política Social
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
San Caetano, s/n; 15781 Santiago de Compostela
Tel. 981957165 – 981545671