A educación infantil de 0 a 3 anos é gratuíta en Galicia para todas as familias, tanto en centros públicos, como privados ou de iniciativa social adheridos ao programa.
Galicia foi pioneira en implantar esta medida en setembro de 2022, tras ampliar a toda a poboación unha iniciativa que xa desde 2020 beneficiaba a segundos fillos e sucesivos.
A Xunta asume íntegramente o custo da matrícula e da atención educativa.
- Como se solicita?
-
Non é necesario solicitala. A escola infantil aplicará directamente o desconto do 100% do custo da matrícula e da atención educativa, e a Xunta de Galicia aboa á escola esta cantidade.
- Inclúe o servizo de comedor e transporte?
-
Non. A gratuidade cobre a matrícula e a atención educativa (actividade realizadas dentro do aula en horario ordinario), pero non os servizos complementarios como comedor, transporte, horario ampliado ou calquera outro.
- Que escolas están adheridas?
-
Están adheridas máis do 95% das escolas infantís de Galicia, tanto as públicas (autonómicas e municipais), como as privadas ou de iniciativa social. As escolas teñen a obriga de anunciar a súa adhesión á gratuidade fisicamente na súas instalacións e virtualmente na súa web e redes sociais.
- Que escolas poden adherirse?
-
As que cumpran os seguintes requisitos:
- Estar debidamente inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
- Cumprir os requisitos establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, e do Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, así como na normativa de desenvolvemento.
- Dispor da documentación que acredite que os alumnos/as seguen o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.
- Ter as tarifas desagregadas por tipo de gasto e actualizadas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) e aplicar os mesmos prezos á totalidade do alumnado de 0-3 anos, con independencia do número de orde que ocupen na unidade familiar.
- Procedemento de adhesión á gratuidade
-
Na sede electrónica da Xunta de Galicia atópanse os procedementos de solicitude de axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa:
- Órgano responsable
-
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Demografía e ConciliaciónEdificio Administrativo de San Caetano
15781, Santiago de Compostela (A Coruña)Teléfono: 012
Email: demografiaeconciliacion [at] xunta.gal (demografiaeconciliacion[at]xunta[dot]gal)