Atención de día

Última actualización - 27/08/2026

27/08/2026

Cambios textuais.

13/03/2026

Correción de textos

19/10/2023

Correción de textos

A Atención de Día é un recurso de apoio á familia e ao NNA que se utiliza no marco das medidas adoptadas no exercicio da protección á infancia, tal e como se recolle nos artigos 55, 59 e 60 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.

Neste sentido, enténdese por atención de día aquela que se lles presta aos nenos e nenas ou adolescentes que permanecen coas súas familias e aos que se lles proporciona un contexto de convivencia durante unha parte do día, que complementa e apoia ao ofrecido pola familia.

O programa de Atención de Día desenvólvese nos centros propios, en centros colaboradores ou en unidades convivenciais adscritas a ambos, pero se diferencia deste no seu obxectivo prioritario de apoio á familia para a preservación da unidade familiar.

Configúrase como un apoio á familia e á NNA, polo que se dá cobertura ás necesidades da NNA e promóvese a mellora do seu medio familiar co fin de preservar a convivencia e evitar a súa separación, ou ben como paso previo á súa desinstitucionalización.

Os obxectivos que se perseguen con esta medida de apoio son:

  • Facilitar a permanencia do neno na súa familia en condicións que promovan a súa adecuada atención e seguridade, axudando aos pais para responder ás necesidades evolutivas do neno, maximizando a implicación parental na educación e coidado dos fillos.
  • Evitar a separación familiar cando a problemática familiar non garanta o benestar e satisfacción das necesidades do NNA, así como o exercicio dos seus dereitos.
  • Facilitar a integración sociofamiliar dos nenos e nenas en acollemento residencial, utilizando esta medida de apoio como paso intermedio entre o acollemento residencial e o retorno do menor ao seu fogar. A Atención de Día permite evitar a prolongación do internamento e posibilita un proceso gradual de reunificación familiar.
  • Preservar os lazos do neno ou adolescente e da familia á comunidade.

As necesidades que se tratan de satisfacer a través deste tipo de prazas recurso, son:

  • Prestar a medida de apoio á familia consistente na atención de día integral aos NNA co obxecto de proporcionarlles durante o día unha serie de servizos de apoio socioeducativo e familiar tendentes a favorecer o seu proceso de normalización.
  • Dar cobertura ás necesidades básicas dos NNA a través dun recurso de protección, proporcionándolles a atención, a educación e a formación idóneas, co fin de favorecer o pleno desenvolvemento de todas as esferas da súa personalidade.
  • Levar a cabo unha intervención individualizada cos NNA e coas súas familias, co obxecto de promover a adecuada integración daqueles na súa propia familia ou, se iso non é posible, nunha familia alternativa, ou preparalos para a vida independente.
  • Proporcionar un contexto de socialización positivo a adolescentes que deban cumprir unha medida de convivencia en familia ou grupo educativo imposta en aplicación da Lei Orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, de responsabilidade penal de menores, mediante a súa convivencia temporal cun grupo educativo que cumpra a función da familia no que respecta ao desenvolvemento de pautas socio afectivas prosociales na persoa menor de idade.

Na actualidade, a Entidade Pública de Protección de Galicia dispón dunha rede de prazas públicas, xestionadas directamente ou a través de entidades colaboradoras distribuídas polo territorio da comunidade autónoma.

Máis información: