Manual de procedemento de intervención dos Servizos Sociais Especializados en materia de protección á infancia e adolescencia da Xunta de Galicia en situacións de risco e desamparo

Este Manual de procedemento de intervención dos Servizos Sociais Especializados en materia de protección á infancia e adolescencia da Xunta de Galicia define o marco normativo, así como o seu procedemento de actuación e os criterios e instrumentos técnicos a utilizar na intervención con nenos, nenas e adolescentes vítimas de desprotección grave ou moi grave na súa familia. O seu obxectivo principal é dotar de estratexias e ferramentas técnicas aos e as profesionais dos devanditos servizos, a fin de servirlles de guía nas distintas fases de intervención protectora.

Á súa vez, o Manual ten como obxectivos dar a coñecer a todas as institucións implicadas na protección á infancia e á adolescencia e ao conxunto da cidadanía, o modo de traballo da Entidade Pública de Protección de Galicia e homoxeneizar as actuacións neste ámbito das catro direccións territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade.

A elaboración deste Manual iniciouse en 2022 e nel participaron un amplo número de profesionais de acreditada experiencia dos Servizos Sociais Especializados en materia de protección á infancia e adolescencia das catro provincias galegas, debido á vontade de acordalo con quen, no día a día terán que poñelo en práctica. Estes profesionais traballaron baixo a coordinación da Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia da Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) e co apoio dun equipo da Universidade do País Vasco EHU.

Gustaríanos agradecer sinceramente a todos eles e elas a súa colaboración e o interese que puxeron nesta tarefa, confiando en que sexa de utilidade para mellorar a calidade da atención protectora que desde os Servizos Sociais Especializados da Consellería de Política Social e Igualdade (Xunta de Galicia) debemos prestar á infancia e a adolescencia.

Os contidos deste Manual actualizaranse e ampliarán progresivamente.

As propostas de mellora ou de corrección de contidos poden remitirse por correo electrónico á proteccionmenores@xunta.gal

  • CA: Comunidade Autónoma
  • CC: Código Civil
  • CDN: Convención de Dereitos do Niño
  • EEPP: Entidade Pública de Protección de Menores
  • ETM: Equipo Técnico do menor (Equipo de valoración/intervención responsable de caso)
  • LDCG: Lei de Dereito Civil de Galicia
  • LOPIVI: Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e adolescencia fronte á Violencia
  • LOPJM: Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de Protección Xurídica do Menor, de modificación parcial do Código Civil e da Lei de Axuizamento Civil.
  • NNA: Nenos, nenas e adolescentes
  • PIP: Plan Individualizado de Protección
  • PIPP: Plan Individualizado Preliminar de Protección
  • PEI: Proxecto Educativo Individual
  • DXFIDD: Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
  • SSE: Servizos Sociais Especializados en materia de protección á infancia e adolescencia
  • SSC: Servizos Sociais Comunitarios

  • María Aboy Oubel
  • Mercedes Agulleiro Outes
  • Manuel Álvarez Fernández
  • Manuel Ángel Barrios Díaz
  • Cristina Blanco Aragón
  • Patricia Camino Fernández
  • María Esther Castelo Loures
  • Susana Castro Pérez
  • Jonatan Da Silva Vecino
  • Xara María Echarren Pérez
  • Inés Estévez Nogueira
  • Bárbara Fernández Moraleda
  • Antonio Garra López
  • Jorge González Fernández
  • Olga López Carballo
  • Pilar López Toimil
  • María José Moure González
  • Alfonso Otero Romero
  • María Isabel Pereira Pereira
  • Xoana Pereira Viqueira
  • Ana Piñeiro Barreiro
  • Luz Rielo Iglesias
  • Aurora Romero Fernández
  • Elena Rivas Vieites
  • María Jesús Rodríguez Rodríguez

Outras persoas colaboradoras:

  • Beatriz Boquete Rodríguez
  • Raquel Enríquez Fernández
  • Ángela Espasandín González
  • Silvia Guisande Salgueiro
  • Ángela Justo Rodríguez
  • Reyes Muíña Pérez
  • Ana Rodríguez Fernández
  • María Belén Rodríguez Martínez
  • María Dolores Vázquez Camino

Coordinadoras:

  • Xurídica: Marta Queipo Díaz
  • Técnica: Teresa Gutiérrez Manjón

Apoio técnico:

  • Ignacia Arruabarrena, Universidade do País Vasco EHU