Notificacións de absentismo escolar
De acordo ao Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade de alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten os ensinos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 242 do 21.12.2011), considerarase absentismo as faltas de asistencia non debidamente xustificadas que superen o 10% do horario lectivo mensual.
Salvo que existan outros indicadores de desprotección de gravidade elevada ou moi elevada, a intervención nestes casos corresponderá aos SSC, que actuarán de acordo ao establecido no Protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar en Galicia, atendendo á función encomendada a estes últimos no art. 25.2n da Lei 7/1985, do 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, de “participar na vixilancia do cumprimento da escolaridade obrigatoria”.
En caso de recibirse unha notificación deste tipo en SSE sen seguir o devandito protocolo, devolverase a comunicación ao centro educativo que o remitise con indicación de que se ateña ao procedemento establecido pola Consellería competente en materia de educación.