Execución e revisión do plan individualizado de protección
Última actualización - 19/10/2023
19/10/2023
Correción de textos
04/04/2023
Engadido o documento 'Solicitude de informe policial'
Engadido o documento 'Solicitude de informe sanitario'
O PIP deberá ser revisado formalmente sempre que se produzan cambios substanciais na situación do NNA que aconsellen unha modificación na súa finalidade ou na medida ou programa de protección aplicados, al menos la siguiente periodicidad polo menos a seguinte periodicidade:
| Medidas | Periodicidade para a revisión2 | Quen |
|---|---|---|
| Calquera medida de protección de tutela ou garda non permanente con nenos e nenas menores de tres anos (Art. 12.6, LO 1/1996) | Cada tres meses, con informe ao Ministerio Fiscal | |
| Calquera medida de protección de tutela ou garda non permanente con nenos e nenas maiores de tres anos (Art. 12.6, LO 1/1996) | Cada seis meses, con informe ao Ministerio Fiscal | |
| Acollementos permanentes (Art. 12.6, LO 1/1996) | Cada seis meses o primeiro ano. Cada doce meses a partir do segundo ano. | A revisión será realizada polo técnico/a referente, que levará a cabo a valoración co seu Equipo. Elaborará o correspondente informe, que quedará incorporado no expediente do caso. |
| Ingreso en centros de protección especializados (Art. 32, LO 1/1996) 3 | Cada tres meses (prorrogables ata seis), con informe ao Xuzgado e Ministerio Fiscal. | |
| Sen medida de protección de tutela ou garda (Apoio á familia) con nenos e nenas menores de tres anos | Cada tres meses | |
| Sen medida de protección de tutela ou garda (Apoio á familia) con nenos e nenas maiores de tres anos | Cada seis meses |
2
Prazos establecidos con carácter xeral, salvo que excepcionalmente o Ministerio Fiscal estableza outros.
3
Art. 32, O 1/1996: “Con independencia das inspeccións dos centros que poidan efectuar o Defensor do Pobo, as institucións autonómicas equivalentes e o Ministerio Fiscal, a medida de ingreso do menor no centro de protección específico deberá revisarse polo menos trimestralmente pola Entidade Pública, debendo remitir ao órgano xudicial competente que autorizou o ingreso e ao Ministerio Fiscal, con esa periodicidade, o oportuno informe motivado de seguimento que inclúa as entradas do Libro de Rexistro de Incidencias”.
A revisión do PIP incluirá o seguinte contido:
- Nova información do caso
- Valoración da execución do PIP (executouse segundo o previsto?)
- Valoración global da evolución do caso e resultados obtidos
- Cambios propostos no PIP
- Data prevista para a revisión
Nesta fase resultan de utilidade os seguintes formularios: