Permiso de convivencia
Última actualización - 27/08/2026
27/08/2026
Cambios textuais.
O permiso de convivencia configúrase como unha situación transitoria e excepcional, aínda que debe estar en calquera caso establecido mediante resolución administrativa ditada polo departamento territorial correspondente.
Pode empregarse como paso preliminar á formalización dun acollemento en familia extensa ou á reunificación familiar.
O período de convivencia terá unha duración máxima de 2 meses prorrogable, por causa xustificada e excepcional, ata un máximo de 4 meses. Este prazo poderá estenderse unicamente debido á falta de informes preceptivos (médico, social, policial) previa autorización do Servizo de Protección de Menores da DXFIDD.