Comisión de Propostas de Especial Transcendencia (COPET)

Última actualización - 28/08/2026

28/08/2026

Cambios textuais.

26/05/2026

Novos contidos

A Comisión de Propostas de Especial Transcendencia (COPET) é un órgano colexiado e interdisciplinar creado para garantir a obxectividade, imparcialidade, unificación de criterios e seguridade xurídica nas tomas de decisión de especial transcendencia dos SSE.

Serán presentadas a COPET as propostas de:

  • Declaración de desamparo e asunción de tutela, exceptuando asentimentos para adopción e NNA migrantes sen referentes familiares (ver fluxograma e modelo de informe-proposta)
  • Alzamento de Tutela, exceptuando alzamentos por (a) maioría de idade, (b) traslado voluntario do NNA a outro país, (c) traslado do NNA a outra Comunidade Autónoma, (d) abandono voluntario do NNA do centro de protección, transcorrendo doce meses desde o mesmo e atopándose en paradoiro descoñecido, e (e) falecemento do NNA (ver modelo de informe-proposta)
  • Asunción de Garda voluntaria naqueles casos que revistan especial complexidade e, en todo caso, nos supostos de asunción de garda voluntaria como consecuencia da incapacidade parental de control da conduta do neno, nena ou adolescente (ver definición en Valora-Galicia) (ver fluxograma e modelo de informe-proposta)
  • Asunción de Garda provisional, sempre que sexa posible (ver fluxograma e modelo de informe-proposta). Se non fose posible por motivos de urxencia, a proposta poderá ser valorada conxuntamente polo técnico/a referente, o seu equipo técnico, o Xefe/a de Servizo e o Asesor/a Xurídico/a, e asinada polo equipo técnico, o Coordinador/a Técnico de Menores e o Xefe/a de Servizo. Posteriormente, e o máis axiña posible, será presentada e valorada en COPET para a súa confirmación, extinción ou modificación. Presentarase a COPET o informe técnico elaborado no momento da adopción da medida de urxencia.
  • Suspensión de contacto do NNA coa súa familia biolóxica (ver modelo de informe-proposta)
  • Adopción (ver modelo de informe-proposta)
  • Non idoneidade de solicitantes de adopción (ver modelo de informe-proposta)
  • Non adecuación de solicitantes de acollemento (ver modelo de informe-proposta) (lembrar que o trámite de audiencia en valoracións de non adecuación/idoneidade para persoas solicitantes de acollemento/adopción é preceptivo, atendendo ao establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas).

Igualmente serán presentados a COPET:

  • Casos de especial complexidade cando o equipo técnico ter dúbidas sobre a actuación para seguir, ou existan discrepancias entre os membros do equipo técnico ou entre estes/as e a persoa titular do departamento territorial ou da xefatura de servizo, ou entre distintos equipos técnicos (p.ex., disparidade na medida para adoptar, discrepancias na integración dun NNA nunha familia que xa está a acoller).
  • Revisión doutras medidas de protección adoptadas en supostos excepcionais e urxentes sen estudo previo e análise da COPET, promovendo a súa confirmación, extinción ou modificación da medida.
  • O caso poderá ser presentado polo técnico/a referente ou pola persoa titular do departamento territorial ou da xefatura de servizo.

    • Os casos de especial complexidade serán presentados oralmente. A COPET exercerá como foro para o debate, contraste e deliberación.
    • Para os casos nos que haxa discrepancia interna, presentarase informe escrito que identifique con claridade os elementos ou argumentos que a motivan. As partes discrepantes estarán presentes para expoñer os seus argumentos. O resultado da votación da COPET será vinculante.

A COPET de cada Delegación Territorial estará composta, como mínimo, polos seguintes membros:

  • Xefe/a de Servizo
  • Coordinador/a Técnico de Menores
  • Como mínimo un técnico/a de cada área
  • Como mínimo un técnico/a do equipo técnico que presenta o caso
  • Asesor/a Xurídico

O Asesor/a Xurídico poderá actuar como Secretario/a. Non terá dereito a voto.

Para a válida constitución de a COPET, a efectos da celebración de sesións, deliberacións e toma de acordos, será necesaria a presenza de o/a Xefe/a de Servizo, o/a Coordinador/a Técnico de Menores, o/a Asesor/a Xurídico/a e o/a Secretario/a (que poderá ser algún dos membros anteriores) ou, no seu caso e con carácter excepcional, de quen lles substitúa, e da metade, polo menos, dos seus membros. Será necesario, en todo caso, convocatoria previa do/da presidente/a, acompañada da orde do día da reunión.

Das reunións que celebre a COPET levantarase acta polo/a secretario/a que especificará necesariamente as persoas asistentes, a orde do día da reunión, as circunstancias do lugar e tempo en que se celebrou, os puntos principais das deliberacións, así como o contido dos acordos adoptados. No caso de que os acordos e propostas non sexan adoptados por unanimidade dos membros presentes con dereito a voto, recolleranse como anexos aos mesmos as opinións e posturas discordantes.

Con carácter ordinario, a COPET reunirase semanal ou quincenalmente, en función das necesidades.

Previamente á reunión (con 24 horas de antelación), o técnico/a referente remitirá ao Coordinador/a Técnico de Menores a proposta elaborada polo seu equipo técnico xunto ao informe de valoración que a fundamente, podendo engadir outra documentación que se considere relevante (informes médicos, escolares, xudiciais, etc.). Esta documentación será trasladada aos membros da COPET para o seu estudo previo á reunión.

Con carácter extraordinario, a xefatura de servizo poderá convocar COPET de urxencia cando o valore necesario ben por iniciativa propia ou a solicitude do Equipo Técnico. Dadas as circunstancias, non será precisa a participación da totalidade dos membros da COPET sempre e cando haxa quorum.

A COPET aceptará, modificará ou rexeitará as propostas presentadas co voto favorable da maioría dos seus membros. Os membros que discrepen do voto da maioría deberán motivar a súa discrepancia, que quedará recollida como anexa á acta. A modificación ou rexeitamento das propostas presentadas farase sempre de forma motivada.

De ser o caso, o equipo técnico correspondente deberá redactar unha nova proposta incorporando as modificacións aprobadas na COPET, que elevará para a súa á persoa titular do departamento territorial. A resolución será comunicada aos Servizos Sociais Comunitarios correspondentes e demais organismos implicados.

Formularios COPET