Finalización da intervención e peche do expediente

Última actualización - 19/10/2023

19/10/2023

Correción de textos

Aínda que pode haber excepcións que deberán ser propostas polos Equipos Técnicos do Menor e aprobadas pola Xefatura Territorial que corresponda, procederase ao peche de expediente cando se dean as seguintes circunstancias:

  • Desaparición das causas que motivaron a intervención do Servizo. Non hai desprotección. O NNA está a vivir coa súa familia de orixe habendo garantías de que vai recibir un coidado adecuado e que vai ter as súas necesidades básicas satisfeitas. Houbo unha evolución positiva na situación familiar, e desapareceu a situación de desprotección. A familia non necesita o apoio de SSE para cubrir as necesidades básicas do NNA.
  • A persoa adulta causante da situación de grave desprotección do NNA xa non vive no domicilio familiar e non vai ter acceso a el/ela
  • O ou a moza alcanzou a maioría de idade. En caso de necesitar apoios, derívaselle aos servizos pertinentes.
  • O ou a adolescente ten entre 16-18 anos, está emancipado ou emancipada legalmente.
  • Adopción do NNA.
  • Falecemento do NNA.
  • Traslado do NNA a outra Comunidade Autónoma (exceptúanse os casos de acollemento familiar) ou a outro país.
  • Diminución da gravidade da desprotección, deixando de existir desprotección de gravidade elevada ou moi elevada, aínda que segue existindo desprotección moderada ou outra situación de risco cara ao NNA.

Cando o técnico referente e o seu Equipo valoren que pode ser pertinente o peche de expediente, estudarán tamén o procedemento e prazos de tempo para levalo a cabo. Presentarán a proposta á Xefatura Territorial que corresponda para a súa análise e, no seu caso, aprobación, a través da correspondente resolución motivada.

No caso de que se considere necesario que os SSC continúen realizando un seguimento ou proporcionando apoio ao NNA ou á familia, remitiráselles informe, facendo referencia expresa á problemática detectada que requira o seu seguimento ou intervención directa. Se se considera necesario, a remisión do informe poderá ir precedida por un contacto persoal (telefónico ou presencial) coa persoa responsable ou profesional correspondente en SSC. Tanto o informe de derivación como os contactos quedarán rexistrados no expediente. O técnico/a referente informará do cambio de profesional referente aos pais, nais ou persoas titoras ou gargadoras, e, no seu caso, tamén ao NNA. Esta comunicación realizarase de forma presencial -ademais de por escrito se se considera pertinente- e poderá contar coa presenza conxunta de profesionais de SSC e SSE se se valora necesario.

Para proceder ao peche do expediente, ademais de remitir as notificacións e comunicacións oportunas, o técnico/a referente levará a cabo un peche formal da intervención cos pais, nais ou persoas titoras ou gargadoras, co NNA se fose pertinente, e coa rede de servizos e profesionais relevantes no caso. O peche cos membros da familia realizarase, salvo imposibilidade, en forma de entrevista persoal.

No expediente deberán quedar recollidas as xestións técnicas e administrativas realizadas para o peche de expediente, así como unha copia de todas as notificacións e informes remitidos ou recibidos polo Servizo con este motivo. Deberá tamén quedar dilixenciado que o técnico/a referente ha realizado os trámites oportunos cos SSC.