Atención de día

Última actualización - 19/10/2023

19/10/2023

Correción de textos

Enténdese por atención de día integral, a medida de apoio á familia a través da que se dá cobertura ás necesidades do neno, nena ou adolescente e se promove a mellora do seu medio familiar co fin de preservar a convivencia e evitar a súa separación, e como paso previo á súa desinstitucionalización.

As necesidades que se tratan de satisfacer a través deste tipo de prazas son:

  • Prestar a medida de apoio á familia consistente na atención de día integral ás nenos, nenas e adolescentes co obxecto de proporcionarlles durante o día unha serie de servizos de apoio socioeducativo e familiar, tendentes a favorecer o seu proceso de normalización.
  • Dar cobertura ás necesidades básicas das nenos, nenas e adolescentes cunha medida de protección ou que necesiten atención inmediata, e proporcionarlles a atención, a educación e a formación axeitadas, co fin de favorecer o pleno desenvolvemento de todas as facetas da súa personalidade.
  • Levar a cabo unha intervención individualizada coas nenos, nenas e adolescentes e coas súas familias co obxecto de promover a adecuada integración daquelas na súa propia familia ou, se iso non é posible, nunha familia alternativa, ou preparalos para a vida independente.
  • Proporcionar un contexto de socialización positivo a menores que deban cumprir unha medida de convivencia en familia ou grupo educativo imposta en aplicación da Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, de responsabilidade penal dos menores, mediante a súa convivencia temporal cun grupo educativo que cumpra a función da familia no que respecta ao desenvolvemento de pautas socio afectivas prosociais na persoa menor.

O centros de Atención de día que dependen da Xunta de Galicia, así como as prazas deste tipo que se ofrecen en centros residenciais, teñen por obxecto ofrecer programas de acollemento residencial en réxime de atención de día integral, dirixido a menores con medida de protección.

Na actualidade, a Entidade Pública de Protección de Galicia dispón dunha rede de prazas públicas, xestionadas directamente ou a través de entidades colaboradoras distribuídas polo territorio da comunidade autónoma.

Máis información: