Acollemento familiar

Última actualización - 19/10/2023

19/10/2023

Correción de textos

10/05/2023

Actualizado o documento 'Anexos á circular de acollemento familiar'

04/04/2023

Engadido o documento 'Anexos á circular de acollemento familiar'

O acollemento familiar é o modo de exercicio da garda como medida de protección consistente na integración da persoa menor de idade nunha familia. Segundo a lexislación actual, é o recurso preferente para todos os nenos, nenas e adolescentes separados das súas familias de orixe por unha medida de protección á infancia e á adolescencia.

O acollemento familiar pode ser

  • En función de quen sexan as acolledoras
    • na familia extensa da persoa menor de idade
    • en familia allea á persoa menor de idade, ou
    • en familia allea á persoa menor de idade, especializada
  • En función da duración e obxectivos:
    • De urxencia, principalmente para menores de seis anos, entrementres se decide a medida de protección familiar que corresponda.
    • Temporal, que terá carácter transitorio, ben porque da situación se prevea a reintegración da persoa menor de idade na súa propia familia, ou ben entrementres se adopte unha medida de protección que revista un carácter máis estable como o acollemento familiar permanente ou a adopción.
    • Permanente, que se constituirá ben ao rematar o prazo de dous anos de acollemento temporal por non ser posible a reintegración familiar, ou ben directamente en casos de persoas menores de idade con necesidades especiais ou cando as súas circunstancias e as da súa familia así o aconsellen e só procederá respecto de persoas menores de idade declaradas en desamparo.
    • Permanente con facultades de tutela, que supón que a Entidade Pública poderá solicitar do xulgado que atribúa ás persoas acolledoras permanentes aquelas facultades da tutela que faciliten o desempeño das súas responsabilidades.

Máis información: