
Marco legal e procedemento de intervención dos servizos sociais especializados en protección á infancia e adolescencia da Xunta de Galicia en situacións de risco e desamparo
Este manual de procedemento ten como obxectivos: a) dar a coñecer a todas as institucións implicadas na protección á infancia e á adolescencia e ao conxunto da cidadanía o modo de traballo da Entidade Pública de protección de Galicia e b) homoxeneizar as actuacións neste eido das catro xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude.
Os contidos do manual foron elaborados durante 2022 por un grupo de traballo de persoal técnico e administrativo da Xunta de Galicia, coordinado pola experta María Ignacia Arruabarrena Madariaga, profesora do Departamento de Psicoloxía Social da Universidade do País Vasco.
Este grupo de traballo tomou como referencia para a primeira versión do manual os documentos dun texto similar desenvolvido polo Departamento de Acción Social da Deputación Foral de Bizkaia (sen publicar). A Xunta de Galicia agradece a disposición do dito departamento para compartir os resultados dos seus traballos.
Os contidos deste manual ampliaranse e actualizaranse progresivamente, co obxectivo de facilitar as tarefas do persoal que integra a Entidade Pública e mellorar a atención que reciben os nenos, nenas e adolescentes en situación de desprotección.
Propostas de mellora ou de corrección de contidos poden remitirse por correo electrónico á dirección proteccionmenores@xunta.gal
Coordinadora: María Ignacia Arruabarrena Madariaga
- Mercedes Agulleiro Outes
- Manuel Álvarez Fernández
- Manuel Ángel Barrios Díaz
- Cristina Blanco Aragón
- María Esther Castelo Loures
- Susana Castro Pérez
- Jara María Echarren Pérez
- Antonio Garra López
- Jorge González Fernández
- Teresa Gutiérrez Manjón
- Olga López Carballo
- Pilar López Toimil
- María José Moure González
- Elena Rivas Vieites
- María Jesús Rodríguez Rodríguez
Outras persoas colaboradoras:
- Raquel Enríquez Fernández
- Ángela Espasandín Gonzále
- María Belén Rodríguez Martínez