Comunicacións e coordinacións con outros servizos

A coordinación e colaboración con outros servizos constitúe parte imprescindible do traballo dos SSE en situacións de desprotección, debendo quedar constancia escrita no expediente de todos os contactos e comunicacións que se realicen con ese obxectivo.

Teranse en conta as seguintes indicacións:

  • Todos os informes emitidos por SSE deberán ser remitidos ao destinatario por rexistro electrónico, tal como establece o artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Non se enviarán informes por outra vía; tampouco por correo electrónico.
  • Todos os informes e documentación do expediente emitidos polos SSE deberán ir en follas con membrete.
  • A remisión de documentación será realizada polo persoal administrativo do SSE e irá acompañada por un oficio asinado pola Xefatura de Servizo.